Pedro Sánchez novo presidente de España

Pedro Sánchez novo presidente de España

O socialista Pedro Sánchez foi elixido hoxe día 1 de xuño novo presidente do goberno da España, tras obter a maioría absoluta do Congreso dos Deputados. Sánchez substitúe o conservador Mariano Rajoy, que estaba no poder desde decembro de 2011 e que foi derrotado por unha moción de censura presentada polos socialistas. E a primeira

O socialista Pedro Sánchez foi elixido hoxe día 1 de xuño novo presidente do goberno da España, tras obter a maioría absoluta do Congreso dos Deputados. Sánchez substitúe o conservador Mariano Rajoy, que estaba no poder desde decembro de 2011 e que foi derrotado por unha moción de censura presentada polos socialistas. E a primeira vez en 40 anos que unha moción de censura triunfa en España.

A moción presentada polo Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), do cal Sánchez é secretario-xeral, recibiu 180 votos dos 176 necesarios para ser aprobada nun Parlamento con 350 cadeiras. Outros 169 deputados votaron contra, e houben unha abstención. O goberno do PP foi sepultado pola condena do caso Gürtel que foi o elpaldarazo final do goberno e de un Rajoy que en dita sentencia non saiu nada ben parado.

Para asumir o goberno, Sánchez tivo que contar con apoio fragmentado, xa que seu partido ten só 84 deputados, menos da metade da maioría. Por fin, alén da bancada socialista, el recibiu os votos da coalición de esquerda Unidos Podemos e dos bloques nacionalistas e independentistas do País Vasco e da Cataluña.

Os parlamentarios que reprobaron a moción foron os do Partido Popular (PP), liderado por Rajoy, e os do Ciudadanos, e a abstención foi dunha deputada da Coalición Canária.

Pedro Sánchez se comprometeu a “afrontar as necesidades sociais postergadas”, así como combater a precariedade e a desigualdade, asumindo os compromisos europeos de estabilidade orzamentaria.

“Temos unha tarefa moi importante para a cohesión social. É necesario estabilizar noso país socialmente”, dixen Sánchez, pouco antes da votación da moción de censura presentada polos socialistas contra o goberno de Mariano Rajoy.

Despois da votación de onte (31/05/2018), da cal participaron os grupos nacionalistas, Cidadáns (liberais) e a coalición de esquerda Unida Podemos, este venres discursaram no debate os dous grupos maioritarios da Cámara, o Partido Socialista (PSOE) e o Partido Popular (PP) de Rajoy.

O socialista pediu ao PP que sexa “tan leal” na oposición ao seu goberno como o PSOE co de Rajoy.

Sen dúbida ahora a grande incógnita e saber canto tempo vai a gobernar Pedro Sánchez comprometido en convocar novas eleccións.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor