Piden nove anos de prisión para un home por un delito de pornografía infantil e abuso sexual en Ferrol

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 10 o xuízo contra un home acusado dun delito de pornografía infantil en concurso con delitos de abuso sexual e para o que a Fiscalía pide nove anos de prisión. Procede do xulgado de instrución número 3 de Ferrol.

De acordo coa cualificación do Ministerio Público, aproximadamente desde o mes de agosto do ano 2015 e ata setembro de 2016 desde a localidade da súa residencia habitual, en Ferrol, o acusado púxose en contacto, facéndose pasar por muller, cunha menor a través da súa conta da rede social Instagram.

Con ela, mantivo diversas a través do chat con mensaxes no transcurso dos cales o acusado ?guiado por un ánimo libidinoso e co propósito de satisfacción sexual, conseguiu que a menor lle enviase unha fotografía na que ensinaba os seos.

Desde entón, tentou que a menor lle enviase máis fotografías de contido sexual e advertíndolle de que se non o facía enviaríalle a foto que xa conseguira á nai, noivo e amigos da menor. O acusado,, ante a negativa da menor, persistiu na súa conduta chegando mesmo a proporlle un encontro co único obxectivo de manter relacións sexuais completas, aínda que a menor non accedeu.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O ministerio Fiscal ante os feitos sinalados sinala que son constitutivos dun delito de pornografía infantil e dous delitos de abuso sexual, concorrendo circunstancias agravantes por reincidencia, tendo en conta que por sentenza do Xulgado da Penal de Tarragona en xuño de 2016 foi condenado como autor de dous delitos consumados de abusos sexuais a menores de 16 anos e outro en grao de tentativa atopándose na situación de liberdade condicional.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O Fiscal solicita a pena de nove anos de prisión, dez anos de liberdade vixiada, prohibición de comunicarse coa menor; prohibición de realizar labores relacionados con menores; sometemento a tratamento de reeducación sexual; e catorce anos de inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores de idade.

Deixa unha resposta