Plataforma STOP Velutina en Galicia

Plataforma STOP Velutina en Galicia

Plataforma Stop Vespa velutina en Galicia A Asociación Galega de Apicultura xunto co Sindicato Labrego Galego presentou a iniciativa de crear unha Plataforma Stop Vespa velutina en Galicia Ambas as organizacións entenden que a problemática da velutina, como especie invasora que é, non é competencia exclusiva da Consellería de Medio Rural se non que tamén

Plataforma Stop Vespa velutina en Galicia

A Asociación Galega de Apicultura xunto co Sindicato Labrego Galego presentou a iniciativa de crear unha Plataforma Stop Vespa velutina en Galicia

Ambas as organizacións entenden que a problemática da velutina, como especie invasora que é, non é competencia exclusiva da Consellería de Medio Rural se non que tamén Medio Ambiente ten moito que dicir aquí. A lexislación existente sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI), tanto estatal como europea, regula as mesmas considerándoas un problema medio ambiental debido aos desequilibrios que provocan nos nosos ecosistemas autóctonos?.

Calcúlase, lembran que os custos asociados ás especies invasoras en Europa ascenden aproximadamente a 12.500 millóns de euros anuais, polo que son tamén causa de viva inquietude desde os puntos de vista económico e social.

Por iso están a elaborar un documento de mínimos co catro principais peticións dirixidas á Consellería de Medio ambiente encamiñadas a conseguir a asunción das competencias que lles corresponden, tanto a nivel autonómico (Consellería de Medio ambiente) como a nivel estatal a través do MAPAMA. Peticións que se centran en: impulsar a investigación; a importancia da loita preventiva; a necesidade dun organismo único; e o labor de divulgación social. O documento remitiuse ás asociacións convidadas a participar para que realicen as súas achegas e ofrecerémolo, coas achegas finais na próxima edición de Apicultura Ibérica.

A nosa idea, explican, é que este documento conte co maior apoio posible, e para iso gustaríanos contar con todo o sector apícola (a través das súas asociacións), sindical, ecoloxista, así como coas Universidades de Galicia e demais organismos interesados, para que fagan as súas achegas e así sumar forzas.

A finalidade última é trasladar o mesmo ás administracións Consellería de Medio ambiente, e tamén ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio ambiente, a nivel estatal, xa que se fai necesario que a información circule ata as últimas instancias.

Esta inciativa parte de AGA e do Sindicato Labrego Galego pero o obxectivo é que o impulso necesario para chegar ás Administracións sexa o máis amplo posible. Para levar a cabo esta petición, pensamos en chamar a esta juntanza Plataforma STOP Vespa velutina -Galicia, non como entidade con traballo permanente e propio senón máis ben como un instrumento para realizar estas actuacións de maneira particular.

A Confederación para a defensa da abella da Cornixa cantábrica (CODACC), na que está integrada AGA súmase a esta inciativa á que tamén foron convidados a participar na comunidade galega:

Sector apícola
·Agrupación Apícola de Galicia
·Abellas Nai
·APLA de Lugo
·A Casa do Mel de Goente
·IXP ?Mel de Galicia?
·Confederación en denfesa da abella da Cornixa cantábrica

Sector Sindical Agrario
·Sindicato Labrego Galego
·Unións Agrarias

Sector ecoloxista
·ADEGA Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
·Verdegaia
·Amigos dá terra
·Greenpeace
·Federación Ecoloxista de Galicia
·FRUGA -Federación Rural Galega

Sector educativo
·USC
·Universidade de Vigo
·Universidade dá Coruña

Interesados en participar ou recibir información:
Asociación Galega de Apicultura AGA: agapicultura@gmail.com
Sindicato Labrego Galego: montes@sindicatolabrego.com

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor