Presentouse a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

NACE A PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS DE INFANCIA DE GALICIA
A PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS INFANCIA DE GALICIA, ACABA DE COMEZAR A súa ANDAINA. NELA TRABALLAREMOS EN REDE CON OUTRAS 20 ENTIDADES PARA ANALIZAR E MELLORAR A SITUACIÓN DOS NENOS, NENAS E ADOLESCENTES NA nosa COMUNIDADE.

 

Presentouse, no Salón Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, nun acto que contou coa presenza destacada de Jose Manuel Rei Varela (Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia) e Concepción Fernández Fernández (Concelleira de Políticas Sociais, diversidade, Saúde e Centros cívicos do concello de Santiago de Compostela).

A Plataforma, formada por 21 organizacións sociais galegas entre as que se atopa Menilños, ten por obxectivos traballar en rede para analizar a situación dos nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma, mellorar as políticas de infancia e asegurar o cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes son os nosos obxectivos inspirádonos e contando co apoio da Plataforma de Infancia de España.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para isto, traballarase no impulso de políticas xerais e sectoriais dirixidas a incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situacións de vulneración dos dereitos da infancia, así como, sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos das nenas e nenos son a finalidade desta proposta.
No marco deste acto D. Adolfo Lacuesta Antón (Presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de España) presentou as “Observacións finais do comité dos Dereitos económicos, sociais e culturais ( DESC) sobre o sexto informe periódico de España”. Informe realizado pola Oficina de alto comisionado de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

As entidades que forman a Plataforma de Infancia galega son: Aclad Alborada, Aldeas Infantís SOS Galicia, Fundación Amigó, Asociación Abuso e malos tratos infantís NON, Asociación Arela, Federación ASDE-Scouts, Federación Aspace, Fundación Axuda en Acción, Cruz Vermella, Fundación Diagrama, Fundación Educo, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Federación Don Bosco, Instituto galego de xestión para ou terceiro sector Igaxes, Federación Marcha Compostela, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Terra de homes, Centro Trama, Unicef e Asociación Viraventos.

A Plataforma de Infancia de España

É unha asociación sen ánimo de lucro creada en 1997 co fin de consolidar un espazo de coordinación para promover iniciativas en favor da defensa, protección e promoción dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes. Actualmente 59 organizacións integran a Plataforma de Organizacións de Infancia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A súa misión é protexer, promover e defender os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes conforme á Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada por Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e ratificada un ano máis tarde por España.

Deixa unha resposta