Realizarase obra de investigación sobre a Catedral de Santiago para Xacobeo 2021

O Goberno galego impulsa a realización da maior obra de investigación sobre a Catedral de Santiago cara ao Xacobeo 2021

Feijóo avanza que o estudo contará coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros

Afirma que o traballo, que aspira a converterse nun estudo de referencia a nivel internacional, abordará a construción da Catedral, a súa evolución ao longo dos séculos e a súa relación coa cidade e o Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a colaboración coa Catedral de Santiago na realización da maior obra de investigación sobre este templo.

Así, tras autorizar hai dous meses un acordo coa Catedral para clasificar a documentación sobre o Camiño de Santiago que está no arquivo catedralicio, a Xunta achegará 210.000 euros para investigar e afondar na historia do santuario, contando coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Segundo detallou o xefe do Executivo galego, o estudo, que se publicará en dous volumes en 2020, incluirá todos os descubrimentos que se fixeron durante a restauración da Catedral así como o propio proceso de rehabilitación.

Trátase dunha obra coral que axudará a comprender o templo e todas as circunstancias históricas e culturais arredor del, aspirando así a converterse nun estudo de referencia a nivel internacional.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O traballo, que abordará a construción da Catedral, a súa evolución ao longo dos séculos e a súa relación material e inmaterial entre o templo, a cidade e o Camiño de Santiago, pretende ser herdeiro das investigacións do medievalista americano Kenneth John Connant, un dos escasos académicos que no século XX fixeron achegas integrais ao santuario.

Deixa unha resposta