Resumen de novas no país veciño a 18 de xuño de 2018

Portugal recibirá 14 millóns de euros menos para a pesca do orzamento da Unión Europea

 

No próximo marco financeiro plurianual 2021 ? 2027, Portugal recibirá 14 millóns de euros menos que a cantidade en vigor; pois recibirá 378,5 millóns de euros para o sector da pesca, fronte aos 392,5 millóns de euros vixentes ata finais do 2020.

As novas normas do Fondo Europeo de Asuntos Marítimos e Pesca de Fondo, de acordo á fonte comunitaria, simplifican os recursos dos Estados membros á confinanciación, xa que as candidaturas efectúanse por áreas de apoio e estratexias nacionais, as cales se basean nas prioridades definidas a nivel nacional.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Propostas de expertos sobre os incendios tardan en efectuarse

 

As recomendacións por parte dos expertos sobre a traxedia de ?Pedrógão Grande?, incendios que varreron a rexión entre o 17 e o 24 de xuño de 2017, onde morreron 66 persoas, foron entregadas ao Goberno, pero continúan atrasadas en efectuarse.

O prazo culminaba ao final do primeiro trimestre de 2018 para estar listas algunhas medidas estructurantes, as cales aínda non se están aplicando e nin sequera saíron do papel. Foron oito meses para a elaboración dun extenso prego de condicións, o cal foi aprobado en tres días, das cales a limpeza dos bosques e a creación do sistema de aldeas seguras son medidas poucas efectivas. Outras medidas aplícanse de forma moi lenta.

Folga de trens dejá unha perda de 700 mil euros

 

O martes 12 rexistrouse o 40% de paralización dos trens, no marco dunha folga de 24 horas, a cal deixa in impacto de perda de 700 mil euros.

Esta é a segunda paralización do mes, a primeira arroxou unha perdida de ingresos de 1,3 millóns de euros.

O pasado novembro, os sindicatos de trens suspenderon os servizos despois de acordar co Goberno, que o regulamento de seguridade sería mellorado para garantir que cada tren circularía sempre cun maquinista e un operador.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta