Selena Gómez foi ingresada un centro psiquiátrico dos EE.UU

A actriz e cantante Selena Gómez foi ingresada un centro psiquiátrico dos EE.UU., tras sufrir a semana pasada unha crise emocional.

Segundo o mesmo medio, desde o pasado mes de setembro, Gómez de 26 anos non atravesa polo seu mellor momento. Ese mesmo mes tivo que ser atendida nun centro tras sentirse nerviosa e deprimida. Unha análise confirmou un nivel de glóbulos branco en sangue “alarmantemente baixo”. Selena Gomez sufre de Lupus, unha enfermidade autoinmune dende fai anos.

Nesta ocasión, Gómez sufriu unha “crise nerviosa” e tratou de irse do hospital sen o consentimento médico. A exchica Disney tratou de arrincarse as vías intravenosas e o seu estado derivou nunha “crise emocional”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Selena Gómez permanece ingresada no centro psiquiátrico baixo observación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO