Semente e Ioga en rede organizan a segunda edición de Ioga para o Cambio

Semente e Ioga en rede organizan a segunda edición de Ioga para o Cambio
Por segundo ano consecutivo, con motivo do Día Internacional do Ioga, Semente para o Cambio e Ioga en Rede organizan a acción ?Ioga para o Cambio?, unha iniciativa que une ioga e solidariedade co obxectivo de captar fondos para os seus proxectos de cooperación en India. Gustaríanos convidarche a participar.
Durante a semana do 16 ao 24 de xuño, centros e escolas de ioga de toda España, organizarán masterclass, charlas ou actividades solidarias de ioga, meditación e outras disciplinas de desenvolvemento persoal, co fin de apoiar o labor de Semente.

Para captar fondos para os proxectos da ONGD en India, as persoas que participen nestas actividades adscritas a Ioga para o Cambio realizarán unha achega de 12 euros/participante, unha doazón que se destinará integramente a financiar os proxectos de educación, nutrición, saúde e empoderamiento da muller que a ONGD desenvolve sobre o terreo. A cambio da participación solidaria dos centros e dos seus alumnos/as, todos/as recibirán unha mala de sementes de rudraksha traída de Varanasi (India).

O centro, escola ou profesor de ioga que desexe sumarse, deberá mandar os seus datos e os do centro, o tipo de evento que desexa realizar, o día e a hora ao correo yogaparaelcambio@gmail.com antes do 11 de xuño. Unha vez enviado, recibirá un mail con toda a información e os materiais necesarios para poder organizar e difundir a actividade.

Antes do 12 de xuño, deberá confirmar o número de participantes na súa actividade e facer o pedido de malas de rudraksha a través da ligazón www.regalossolidarios.org.es/producto/yogaparaelcambio/

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Pola súa banda, as persoas que practican ioga poderán consultar na web de Semente os centros da súa cidade que participan en Ioga para o Cambio, para poder sumarse así ás súas actividades. E igualmente, poden axudar a difundir o evento e animar ao seu centro ou instrutor de ioga a participar.

Ioga 0

Para as persoas que non teñan a posibilidade de organizar ou participar nunha actividade, pero querean colaborar igualmente con ?Ioga para o Cambio? realizando unha achega, existe a posibilidade de facelo a través da opción de Ioga = 0.

Con esta opción, estarán a apoiar o traballo de Semente para o Cambio en India e recibirán igualmente a mala de sementes de rudraksha. Para participar en ?Ioga 0? pódese acceder directamente a través desta ligazón: https://www.regalossolidarios.org.es/producto/yoga-0/

Toda a información sobre esta iniciativa e a fórmula de inscrición pode consultarse aquí.

Edición de 2017

A primeira edición de Ioga para o Cambio celebrouse o ano pasado, do 17 ao 25 de xuño en 2017. En total participaron uns 50 centros de toda España, con representación en case todas as autonomías e nas principais cidades.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A acción chegou a 1.100 persoas, recadando máis de 13.000 euros.

Deixa unha resposta