SERGAS listas de selección temporal de persoal sanitario funcionario cun total de 1.797 inscritos

​O Servizo Galego de Saúde publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a actualización dos resultados definitivos das listas de selección temporal de persoal sanitario funcionario cun total de 1.797 inscritos.

O anuncio publicado hoxe inclúe a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das clases de persoal sanitario funcionario da Lei 17/1989, do 23 de outubro: inspector médico, inspector farmacéutico, farmacéutico inspector de saúde pública, licenciado sanitario, subinspector sanitario e ATS/DUE.

A categoría con maior número de solicitudes é a de licenciado sanitario, con 660 inscricións. O 2, 83% do total son novas inscricións, e só un 0,84% das solicitudes de participación resultados excluídas do proceso.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

As listas definitivas están tamén publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde,no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación de persoal sanitario funcionario. Ademais, o estado de cada solicitude pode see consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta