Sinaí Giménez case 3 anos de prisión por ameazas nun mercadillo en Redondela

Sinaí Giménez condenado a case 3 anos por ameazar a un “zamorano” nun mercadillo en Redondela
Dous das súas irmás e unha sobriña, penadas cun ano e 9 meses

Dous anos e nove meses de prisión. Esta é a condena imposta pola maxistrada de Penal 3 de Vigo a Sinaí Giménez por ameazar de morte ao “zamorano” Felipe Salazar no mercadillo de Redondela o 6 de novembro de 2015, durante o conflito que mantiveron xitanos galegos e zamoranos.

Ademais, a maxistrada prohíbelle achegarse a menos de 500 metros da súa vítima durante 4 anos. As irmás de Sinaí, Consolo e Irene, e a súa sobriña Déborah, son condenadas tamén por ameazas á pena dun ano e 9 meses de prisión, mentres que a orde de afastamento s e fixa por un período de 3 anos. Durante o tempo de prohibición non poderán coincidir tampouco nos mercadillos.

Aquel enfrontamento entre vendedores ambulantes saldouse con 40 identificados, aínda que non houbo feridos nin detidos.

Tras coñecerse a sentenza, a Sociedade Xitana Española emitiu un comunicado no que criticou duramente á xuíza encargada de redactar o fallo e asegurou que está a ultimar unha querela contra ela.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“Parécenos que o seu resumo para xustificar esta condena é pouco seria e moi pouco argumentada”, opina nun comunicado, no que tamén anuncia que presentará “as queixas oportunas ao Ministerio de Xustiza como ao Consello Xeral do Poder Xudicial”.

“Cremos que antes de sentar no banco Gimenez xa estaba condenado porque o xuízo se demostrou que non cometeu delito algún como para detelo no lugar dos feitos tal e como declarou a maxima autoridade policial que estaba presente cando se produciron os feitos”, afirma a Sociedade Xitana Española.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A entidade considera que o xuíz obviou que “unha causa viciada de inicio é nula de pleno dereito e moito máis cando a causa se pechou e reabriuse tal e como consta na instrución por presións policiais”.

Deixa unha resposta