SmugMug adquiriu a Flickr

SmugMug adquiriu a Flickr

Como parte da unión de Yahoo con Verizon, o servizo de álbum de fotos dixitais Flickr foi vendido á empresa competidora SmugMug sen que se coñezan detalles da operación de compra-venda.

Flickr foi creada en 2004 logrando ser un sitio de referencia en fotografía dixital, un ano máis tarde comprouna Yahoo en 25 millóns de dólares e deseño cambios no sitio para atraer máis usuarios ofrecendo 1Tb de almacenamento, aínda que tivo unha gran competencia: Amazon, Apple e Google implementaron os seus servizos de almacenamento e edición de fotos en liña, e no caso de Google ofreceu almacenamento sen límite.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

SmugMug é unha empresa de almacenamento de fotos dixitais con sede en Silicon Valley fundada en 2002, a súa CEO é Don MacAskill quen se comprometeu a reflotar Flickr, o sitio web que a súa empresa comprou e a estratexia que utilizará será atender as demandas dos clientes e empregados.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta