Terapias alternativas, da moda do natural a o desprezo absoluto

Terapias alternativas, da moda do natural a o desprezo absoluto

Dende unha campaña do partido político Ciudadanos, en España comezou unha sorte de caza de bruxas (que habelas hainas) contra case calquera terapia natural ou alternativa. As persoas que se dedican ao eido das denominadas terapias alternativas ou terapias naturais, están a ver no último ano como medios de comunicación, compañías farmacéuticas, médicos e entidades

Dende unha campaña do partido político Ciudadanos, en España comezou unha sorte de caza de bruxas (que habelas hainas) contra case calquera terapia natural ou alternativa.

As persoas que se dedican ao eido das denominadas terapias alternativas ou terapias naturais, están a ver no último ano como medios de comunicación, compañías farmacéuticas, médicos e entidades diversas están a promover campañas de propaganda difamatoria contra o que eles chaman pseudociencia ou pseudoterapia.

Facendo referencia a estas terapias fálase delas como pseudociencias, charlatáns e dise que carecen de suficiente evidencia científica e alúdese a elas coma se  se tratase de prácticas baleiras, inventos, placebos sacados da manga e dando a entender que son terapias sen fundamento nin historia.

Todo isto coincide no tempo con o maior auxe da Homeopatía, cando tiña Masters Universitarios, entrara de pleno na farmacia, na medicina e en tódolos eidos da sandade. De xeito coetáneo tamén se deu a contracción do negocio de medicamentos, a crise, as restricións o uso de antibióticos…

Cabe subliñar tamén que o acceso a información do público en xeral a información encomiou as terapias naturais a lugares que sen dúbida non deben ocupar en caso concretos, pero si forneceu un cambio de consciencia entre moitos usuarios que sen dúbida espertou unha maior conciencia cara á prevención por medios nutricionais e naturais.

Como dato de interese, debemos facer mención a que a OMS (Organización Mundial da Saúde) anteriormente estableceu unha estratexia onde declarou nun comunicado público a súa intención de integrar todas as prácticas relacionadas coa medicina natural e tradicional. O desexo da OMS naquel intre era o de reconciliar os métodos históricos cos modernos.

Cando se critica con tanta contundencia pero sen probas e se inclúe a todos no mesmo saco, debemos pensar que mais de un coñecemos a algún ancián o cal o Ioga, Tai Chi ou similar lle mellorou moito a súa calidade de vida, que moita xente despois de acudir a un naturópata nunca lle retirou medicamento algún, mais si comezou a coidar a súa alimentación, algunha muller cuxo bebé viña de nádega conseguiu darlle a volta cun acupuntor, alguén mellorou despois de eliminar algún alimento…

Coa demonización de calquer cousa que no sexa “medica” mais ben parece que se buscase tombar a outros para poder monopolizar a través dun disfrace de sanitario, a día de hoxe preto do 7% dos medicamentos nunha farmacia son fitofármacos, medicamentos obtidos de plantas medicinais, e por iso que se cadra debemos ser mais honestos coa xente, por suposto débense perseguir os delitos e iso correspóndelle os xuíces e forzas de seguridade, mais entre tanto ruído parece que son algúns supostos científicos os que queren ter ese poder de censores e xuíces. Para exemplo de isto ultimo cabe subliñar o recente caso de un científico de CSIC que se viralizou en redes sociais por criticar a homeopatía e conseguir unha receita de antibióticos para o seu fillo, porque el mesmo sendo investigador do Centro de Astrobioloxía do CSIC sabía que o seu fillo debía tomar antibiótico e non uns caramelos de homeopatía.

Ollo cos charlatáns que os hai e moitos, pero hainos en tódolos bandos desta guerra que algúns parecen crear, e por suposto todo aquel que cometa un delito debería pagar por el.

Luis Rocha | Sanitae

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor