Un estudio científico determina que reduce a dor ata un 40%

Un estudio científico determina que reduce a dor ata un 40%

Investigadores da Universidade de Portsmouth descubriron que a xente sente 40% menos dor e mostra 45% máis resistencia cando utilizan a reflexología como método para aliviar dor. A reflexología é un tratamento complementario que consiste en aplicar presión en diferentes puntos do corpo, especialmente mans e pés.   Pacientes voluntarios foron a dúas sesións onde

Investigadores da Universidade de Portsmouth descubriron que a xente sente 40% menos dor e mostra 45% máis resistencia cando utilizan a reflexología como método para aliviar dor.

A reflexología é un tratamento complementario que consiste en aplicar presión en diferentes puntos do corpo, especialmente mans e pés.

 

Pacientes voluntarios foron a dúas sesións onde se lles pediu mergullar a súa man en auga con xeo. Nunha das sesións sometéronse a un tratamento de reflexología antes de mergullar a man e, noutra sesión, díxoselles aos pacientes que o alivio da dor era proporcionado por unha máquina Tens, pero estes non sabían que a máquina non estaba conectada.

Cando un novo medicamento é probado, o procedemento é moi parecido ao estudo da Universidade de Portsmouth; nunha sesión próbase o medicamento e noutra dáse un placebo para asegurase de que os resultados nos pacientes non se deben á mera suxestión.

Os investigadores atoparon que cando os participantes recibiron reflexología aguantaron por máis tempo manter a súa man baixo a auga.

Dr. Ebenezer coautor do estudo, dixo: Sentimos satisfeitos cos resultados posto que esperamos que o estudo sexa a base para futuras investigacións de reflexología.

Na medicina alópata dificilmente acéptanse técnicas alternativas, de aí a importancia de estudos como o da Universidade Portsmouth que abren camiño a tratamentos complementarios.

Cursos en Galicia de reflexoloxía

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor