Un informe alerta da influencia da industria nos estudos do cancro

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Un informe sobre Investigación e Innovación do Cancro en España alerta da “forte influencia” da industria nos estudos con pacientes de cancro

Varias organizacións piden ao Goberno español unha estratexia en investigación para elevar a supervivencia do cancro do 53% actual ao 70% nunha década

Un 76% dos ensaios clínicos sobre cancro que se fan en España están patrocinados pola industria, fronte ao 49% en Francia, 56% en Países Baixos, 62% en Italia ou 65% en Reino Unido. Esta gran presenza do sector privado condiciona en que se investiga e cales son os obxectivos finais das probas en pacientes, o que “non responde necesariamente ás capacidades e oportunidades do ecosistema clínico e académico de investigación, nin á realidade epidemiolóxica do cancro en España”, segundo detalla o Primeiro Informe sobre Investigación e Innovación do Cancro en España, presentado este mércores en Madrid.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta