Un verán de museos na provincia de Lugo

Aberto o prazo de inscrición nas 28 actividades que forman parte do Verán na rede museística

Un total de 21 obradoiros e 7 campamentos son as actividades que ofrecen este verán os catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo

26/06/2018|Deputación de Lugo

A Rede Museística da Deputación de Lugo dá comezo as súas actividades de verán este luns co Obradoiro de Máscaras Africanas no Museo Provincial de Lugo. Trátase dun total de 28 actividades nas que se inclúen 21 obradoiros e 7 campamentos que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. As inscricións lévanse a cabo no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp.

 

Pilar García Porto convidou a todos os interesados a “inscribirse nestas actividades que contribúen a formación ao mesmo tempo que son iniciativas lúdicas para que os máis novos se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

Son actividades para todas as idades, que terán lugar ao longo do período estival co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo, descubrir novos mundos e expresións culturais. Neste eido, coñecemento e entretemento únense nunha programación que xira arredor da sabedoría das coleccións custodiadas nos museos da rede.

 

 

 

Museo Provincial de Lugo

 

Obradoiro: DIVERSXS

 

Data: 27 de xuño.

Idades: para familias.

Horario: de 19:00 a 21:00h.

Obradoiro: Campamento no Museo Provincial de Lugo (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

 

Data: 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 6 a 15 anos.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento de Arqueoloxía

 

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

 

Data: 26 e 27 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo

 

Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12

 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

 

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

 

 

 

Museo Provincial do Mar

 

Obradoiro: DIVERSXS

 

Data: 30 de xuño.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Atando Cabos

 

Este obradoiro permitirá recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.

 

Data: 4 e 5 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Máscaras africanas

 

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

 

Data: 6 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento Arqueoloxía:

 

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

 

Data: 11 e 12 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Comer e pensar só é empezar (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras.

 

Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico e a invisibilidade de actrices e actores nos museos e historias das súas comunidades.

 

Imparte: Leonardo Casado.

Data: 12 de xullo.

Prazas: 20.

Idades: Club Senior.

Horario: de 17:00 a 19:00h.

Obradoiro: Que caeu nas miñas redes?

 

O plástico é un dos materiais máis contaminantes para o océano, tardando en biodegradarse varios centos de anos. Son moitos os peixes e animais mariños que morren por asfixia ou obstrución das vías dixestivas. Obradoiro que trata de concienciar da importancia de xestionar axeitadamente os residuos e fomentar a reciclaxe.

 

Data: 18 e 19 de xuño.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Campamento no Museo Provincial do Mar (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

 

Data: 24, 25, 26 e 27 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 15 anos.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: Despregando velas

 

Data: 22 de agosto.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:00h.

Obradoiro: Coñeces a Cipriana?

 

Tratará de achegar o coñecemento baleeiro grazas a unha colección de ósos única no mundo por ser dunha balea xa extinguida.

 

Data: 23 de agosto.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:00h.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.

 

Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72

 

museodomar@museolugo.org

 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

 

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

 

 

 

Museo Fortaleza San Paio de Narla

 

Obradoiro: Máscaras africanas

 

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

 

Data: 27 de xuño.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento Arqueoloxía:

 

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

 

Data: 5 e 6 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Pensa en arte. As pezas falan.

 

Os nenos elixirán una peza de entre todas as do museo para elaborar a súa descrición que será gravada para así poder facer unha audioguía do museo.

 

Data: 10 de xullo.

Horario: 11:00 a 14:00h.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Obradoiro: As imaxes lévannos ao camiño da palabra

 

Os nenos farán unhas fichas de diferentes pezas, nas que se describan as súas características.

 

Data: 11 de xullo.

Horario: 11:00 a 14:00h.

Prazas: 15.

Idades: Sen límite.

Obradoiro: Campamento no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

 

Data: 7, 8, 9 e 10 de agosto.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: As pegadas da muller de San Paio.

 

Data: 21 de agosto.

Horario: 11:00 a 14:00.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación

 

Actividade colaborativa en grupo, na que cada neno/a elaborará o seu propio tapón de selado e que cada compañeiro poderá usar para a súa creación final de estampación.

 

Data: 24 de agosto.

Horario: 11:00 a 14:00h.

Prazas: 15.

Idades: Sen límite.

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla

 

Museo Fortaleza San Paio de Narla: 982375156

 

sanpaiodenarla@museolugo.org

 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

 

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

 

 

 

 

 

Museo Pazo de Tor

 

Obradoiro: Máscaras africanas

 

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

 

Data: 3 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: sen límite.

Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: Memoria do pan. Cultura de masas (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras)

 

Imparten: Leonardo Casado e Encarna Lago

Data: 10 de xullo.

Idades: Adultos.

Horario: A partir das 11h.

Campamento de Arqueoloxía

 

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

 

Data: 19 e 20 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Sábados no Museo Pazo de Tor (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

 

Data: 15, 22 e 29 de setembro.

Prazas: 15.

Idades: Para familias.

Horario: de 11:00 a 13:30h.

Obradoiro: O misterio do labirinto

 

Data: venres, 3 de agosto.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Un día de labores nun pazo

 

Data: 8 de agosto.

Prazas: 15.

Idades: sen limite.

Horario: de 11:00 a 13:30h.

Obradoiro: Actividade de gravado. Estampación

 

Data: sábado, 28 de xullo.

Prazas: 15.

Idades: de 4 a 14 anos.

Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Roteiro polos dominios de Tor

 

Percorrido polos anexos do Pazo e pola finca localizando elementos estruturais e agropecuarias do Pazo así como tamén se localizará flora de interés xeolocalizada.

 

Data: 10 e 18 de agosto.

Prazas: sen límite.

Idades: sen limite.

Horario: de 10:30 a 12:00h.

Nota: Será preciso vir coa roupa e calzado adecuado

Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor

 

Museo Pazo de Tor: 982165534

 

pazodetor@museolugo.org

 

Xerencia da Rede Museística: 699 836 883

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

Deixa unha resposta