Unha carreira profesional espérate na UE

Se a posibilidade de ser un empregado da Unión Europea sempre resultou un reto interesante, nas actuais circunstancias traballar para o benestar de 500 millóns de persoas pode ser a vía perfecta de desenvolvemento profesional de moitos cidadáns españois.
Expuxécheste botar unha ollada a http://europa.eu/epso/index_es.htm
As institucións da UE empregan a máis de 40.000 europeos de horizontes culturais, educativos e profesionais moi diversos, contratados con carácter fixo ou temporal. A selección do persoal fixo faise mediante oposicións xerais, que non se convocan para prover prazas concretas, senón para elaborar unha lista de reserva destinada a satisfacer as necesidades de contratación:
http://europa.eu/epso/discover/job_profiles/index_es.htm
Os estudantes de final de carreira e os titulados universitarios poden acceder a postos en diversos campos que non requiren experiencia previa.
Os bolseiros en prácticas (coñecidos na contorna das institucións europeas polo vocábulo francés stagiaires) poden ser estudantes, titulados universitarios ou especialistas en linguas. Confíanselles tarefas similares ás que levan a cabo os administradores das escalas inferiores, en períodos de prácticas de tres a cinco meses en institucións como a Comisión Europea, o Parlamento Europeo ou o Banco Central Europeo:
http://europa.eu/epso/apply/how_apply/trainees/index_es.htm
Tamén se contrata a miúdo a titulados universitarios con experiencia laboral, persoal administrativo, profesionais con experiencia nunha ampla gama de campos, tradutores e intérpretes:
http://europa.eu/epso/discover/types_employment/index_es.htm
Por suposto que para acceder a estes postos hai que ter un bo coñecemento de dúas linguas oficiais da UE, entre as cales deben estar o alemán, o francés ou o inglés. Se o que se pretende é ser tradutor debe terse un dominio perfecto dunha lingua europea e un bo dominio de dous idiomas adicionais como mínimo.
http://europa.eu/epso/discover/job_profiles/language/index_es.htm
En todo caso as carreiras profesionais nas institucións da UE atraen ás persoas con máis talento de toda Europa, segundo presume a propia institución, polo que os procesos de selección son moi competitivos.
A través de internet, unha vez que leses a información sobre os procesos de selección, podes medir os teus coñecementos con exemplos de probas:
http://europa.eu/epso/apply/sample_test/index_en.htm
Nestes momentos está aberto o prazo de presentación de candidaturas de axentes contractuais para traballar como psicólogos educativos en gardarías, expertos en seguridade de edificios, e investigadores de postdoctorado…
Neste último caso, un dos centros nos que sería posible traballar é o Instituto de Prospectiva Tecnolóxica (IPTS) de Sevilla, aínda que normalmente é necesario trasladarse a cidades como Bruxelas e Luxemburgo. Atrévesche?
http://europa.eu/epso/apply/jobs/index_en.htm

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A publicación desta información enmárcase dentro do acordo entre a Secretaría de Estado para a UE e a Comisión Europea para realizar accións de comunicación sobre a Unión Europea.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta