Unha epidemia de Clado X podería acabar con 900 millóns de persoas

Esa é a preocupante advertencia dunha simulación da Universidade Johns Hopkins en EE.UU.

Unha nova epidemia podería acabar con 900 millóns de persoas. O estudo determina que un novo virus podería coller por sorpresa aos gobernos de todo o mundo é chegar a causar a morte de 900 millóns de persoas no noso planeta, segundo a simulación da que se fixo eco o The Daily Mirror.

Os científicos da Universidade Johns Hopkins de Baltimore (EE.UU.) simulou no seu estudo a propagación dun novo patógeno que se contaxia a través da tose e os resultados non poden ser máis inquietantes: perda de control da epidemia e falecemento de ata o 10% da poboación mundial.

O virus, alcumado Clado X, matou a 150 millóns de persoas nos primeiros dous anos da simulación.

A simulación na que a epidemia non era máis perigosa que unha enfermidade real como a síndrome respiratoria agudo grave (SARS, polas súas siglas en inglés).

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O SARS matou ao 10% das 8.000 persoas ás que infectou en 2003.

Deixa unha resposta