Unha escola solidaria

A Escola Parasanitaria Europea é unha academia de formación privada en terapias alternativas, xa ancestrais, que proporcionan un benestar físico e mental á saúde do paciente, tales  como a Naturopatía, a Quiromasaxe, a Reflexoloxía, a Osteopatía… e un amplo abano de cursos presenciais e semipresenciais sobre terapias alternativas como se pode apreciar na súa web ESCUELA PARASANITARIA

Dicir que conta co avalo da Fundación de Medicinas Alternativas Europea e APENB

Pero que os Títulos que oferta en ningún caso se poden considerar “homologados” porque non recibimos unha formación oficial como profesionais sanitarios xa que a Lei 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias non inclúe a nosa profesión.

Somos por iso profesionais parasanitarios, termo que alude a aquel que practica  técnicas denominadas parasanitarias . Estas técnicas engloban desde as denominadas técnicas tradicionais e milenarias como a acupuntura, a outras menos ancestrais, se ben son a súa vez froita da sistematización de tradicións milenarias con un nexo común. Un exemplo deste último punto son a Osteopatía, a Naturopatía, a Quiropráctica, a Homeopatía, a Quiromasaxe, a Reflexoloxía…

Todo o relativo a formación e a práctica da quiromasaxe, así como a sua ensinanza na nosa escola e completamente legal e transparente. De feito se teñen algunha dúbida o respeito podemoslle facilitar canta documentación precisen. Inclusive a nosa escola non emprega métodos de publicidade ilegal coma os que empapelan toda a cidade tan extendidos por desgraza.

Deixa unha resposta