Unha moza de 21 anos detida por violencia contra uns rapaces por non ter sexo con ela

Detida unha moza de 21 anos por lanzar pedras e botellas a uns adolescentes que se negaron a ter sexo con ela, un dos mozos menor de idade recibiú un forte impacto no tabique nasal.

 

Un dos mozos, menor de idade de tan so de 16 anos, recibiu un golpe forte no tabique nasal e outro unha fenda na cabeza cunha perda abundante de sangue.

A Policía Municipal de Madrid detivo este martes a unha moza de 21 anos por lanzar pedras e botellas a varios adolescentes que se negaron a manter sexo con ela.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os feitos tiveron lugar sobre a 1 da madrugada, no distrito de Carabanchel. Unha veciña da zona, que segundo varias testemuñas levaba varios días insinuándose a mozos, achegouse a un grupo de rapaces de 16 anos que estaban a pasar no intre no lugar. Os rapaces negáronse a manter relacións sexuais e comezou a liorta.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta