Ourense, 22 de xuño de 2010. A Unión de Profesionais e traballadores Autónomos de Galicia colabora no III Econtro Internacional de Emprendedores Eduardo Barreiros, organizado polo Concello de Ourense desde hoxe martes ata o próximo sábado 26 de xuño. Con este encontro, o concello ourensán pretende divulgar experiencias de emprendemento, fomentar a cultura emprendedora, dar
Ourense, 22 de xuño de 2010.
A Unión de Profesionais e traballadores Autónomos de Galicia colabora no III Econtro Internacional de Emprendedores Eduardo Barreiros, organizado polo Concello de Ourense desde hoxe martes ata o próximo sábado 26 de xuño. Con este encontro, o concello ourensán pretende divulgar experiencias de emprendemento, fomentar a cultura emprendedora, dar a coñecer negocios xerados a través da rede e tamén ecoemprendementos que xurdiron na Universidade.
UPTA Galicia estará presente nos diferentes paneis para compartir coñecementos e experiencias cos demais participantes. Os temas destas sesións centraranse, entre outros temas, nas oportunidades que ofrece a crise, nas novas necesidades do emprendedor, na actividade exportadora e na internacionalización.
Dentro do encontro terá lugar o I Premio á mellor iniciativa emprendedora do Concello de Ourense, que premiará con 6.000 euros unha iniciativa empresarial da cidade. Para máis información, poden visitar a web deste evento:
http://encuentroemprendedores.concelloourense.es/
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.