UPTA Galicia manterá reunións cos distintos partidos políticos para abordar a actual situación do colectivo de autónomos

Lisardo Domíguez Rodríguez, Secretario Xeral de Upta-Galicia, reuniuse o pasado 15 de maio coa Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, Alberto Fidalgo e Francisco Rodríguez, Alcalde de Ourense, para abordar a actual situación pola que atravesa o colectivo de autónomos en xeral e en particular na Provincia de Ourense, ó ser un dos mais castigados pola crise económica.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Lisardo Domínguez expuxo á Ministra os principais obstáculos ós que se enfrenta o colectivo, derivados da falta de liquidez, alta morosidade e dificultades para financiarse, o que implica o peche de numerosos negocios cuio titular é un autónomo. Igualmente expuxo ós reunidos, os principais proxectos que pretende levar a cabo Upta-Galicia relacionados co Medio Rural, para o que solicitou a colaboración do Ministerio que dirixe Elena Espinosa e o Concello de Ourense.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta