UPTA Galicia participa en Vinisterrae asesorando aos bodegueiros autónomos sobre a comercialización do viño

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010. Un ano máis, a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia participa en Vinisterrae, Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, que se celebra os días 7 e 8 de xuño en Expourense. UPTA Galicia, unha das organizacións máis representativas dos traballadores autónomos e con

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.
Un ano máis, a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia participa en Vinisterrae, Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, que se celebra os días 7 e 8 de xuño en Expourense. UPTA Galicia, unha das organizacións máis representativas dos traballadores autónomos e con numerosos socios pequenos bodegueiros, acode á feira para informar e asesorar aos propietarios de adegas galegas que se darán cita neste encontro.
En Vinisterrae, 67 expositores das cinco denominacións de orixe de Galicia amosarán os seus produtos a importadores de 23 países e profesionais da distribución e da hostalería de toda España. Ademais, terán lugar presentacións destas denominacións de orixe e de Galicia Calidade, así como seminarios e conferencias de interese para os propietarios de pequenas bodegas sobre como mellorar as ventas e dar o salto a mercados internacionais.
Unha destas xornadas será a organizada por UPTA Galicia, programada para o martes ás 11.30 horas co título “Novas alternativas de comercialización de viños para as pequenas adegas. Experiencias prácticas”. Presentará a xornada Lisardo Domínguez, secretario xeral de UPTA Galicia, e o relator será Juan Carlos Suárez Penas, técnico colaborador de UPTA e enxeñeiro técnico agrícola e máster en Enoloxía e Viticultura. Ao finalizar a intervención, darase paso a preguntas e aportacións dos adegueiros presentes.
A participación de UPTA Galicia complétase coa presenza dos técnicos da organización nun stand informativo para asesorar aos traballadores autónomos do sector do viño sobre aspectos administrativos, comerciais, laborais ou de xestión dos seus negocios.
Para a asociación é unha satisfacción estar presente en Vinisterrae xa que o salón é un escaparate para os produtores de viño galego. UPTA fai fincapé na comercialización das producións dos pequenos adegueiros, que teñen menos recursos para acceder ás canles de distribución.
Lisardo Domínguez, secretario xeral de UPTA Galicia, lembra que na comunidade hai 650 bodegas que xeran máis de 1.000 postos de traballo, a maioría deles nas zonas rurais, de aí a importancia de que unha organización como UPTA asesore e represente aos autónomos do sector para colocar os seus produtos en mercados internacionais.
Lisardo Domínguez agradece a Expourense a aposta que está a facer “por un produto típico do país” como é o viño, especialmente en Ourense, provincia que conta catro das cinco denominacións de orixe que existen en Galicia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor