Veciñas e veciños de 19 concellos da provincia de Pontevedra realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese

Veciñas e veciños de 19 concellos da provincia de Pontevedra realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese

Preto de 2.000 persoas participarán esta fin de semana nas excursións do programa Veciñas e veciños de 19 concellos da provincia de Pontevedra realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico 15/06/2018|Deputación de Pontevedra O programa “En Ruta coa Depo” organiza esta próxima fin de semana 22 novas

Preto de 2.000 persoas participarán esta fin de semana nas excursións do programa Veciñas e veciños de 19 concellos da provincia de Pontevedra realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico

15/06/2018|Deputación de Pontevedra

O programa “En Ruta coa Depo” organiza esta próxima fin de semana 22 novas excursións na que participan 1.998 persoas de 19 concellos da provincia. Estas excursións permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

 

O sábado, 54 persoas da Asociación de Mulleres Creativas de Quireza, de Pontevedra; 54 persoas da Asociación de Veciños de Laxedo, da Lama, e 108 do Centro Cultural Abrente, de Mos, coñecerán Cambados, Cidade Europea do Viño: Museo Etnográfico e do Viño, as ruínas de Santa Mariña de Dozo, o conxunto histórico de Cambados, a adega do pazo de Fefiñáns (con degustación) e o Museo Muíño de Mareas da Seca.

 

Pola súa banda, 54 persoas da Asociación de Veciños Agustín Romero de Cornazo, de Vilagarcía de Arousa, farán unha ruta temática, chamada “Camelias Señoriais”, na que visitarán o Pazo de Lourizán, o pazo de Gandarón e o pazo de Oca. Tamén 54 persoas de Alento Asociación de Dano Cerebral, de Vigo, farán un percorrido por Pontevedra e o seu conxunto histórico e 54 da Asociación Antigas Alumnas Cia María Cangas visitarán na Agolada o Museo A Solaina de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e, en Vila de Cruces, a igrexa de San Salvador de Camanzo.

 

Amais, 108 persoas da Asociación Veciñal Santa Euxenia de Mougas, de Oia, e 108 persoas da Asociación de Veciños de Pedreira, de Soutomaior, farán unha ruta marítima pola ría de Arousa e coñecerán O Grove, A Toxa, o Museo da Salga e o castro da Lanzada.

 

Tamén 54 persoas da Asociación de Prexubilados e xubilados de BBVA Galicia, de Vigo, percorrerán Meis, visitando o mosteiro da Armenteira, a Ruta da Pedra e da Auga, os muíños do Batán, o monte do Castro e o pazo de Señoráns, e 54 persoas do Club de Xubilados e Pensionistas de Portonovo poderán coñecer o Parque da Natureza do Río Barosa, en Barro; a antiga azucreira, o miradoiro do val do Umia e a exposición sobre Domingo Fontán, en Portas; o xacemento da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro, en Valga, e as Torres de Oeste, en Catoira.

 

Por último, 108 usuarios e usuarias do Club de Xubilados e Pensionistas Villa de Bueu, visitarán o Castelo de Sobroso; Mondariz-Balneario, os petroglifos de Gargamala e o castro de Troña; 54 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio, de Lalín, coñecerán o Santuario de Santa María de Franqueira, na Cañiza, e o Centro de Interpretación da Cera e Casa-Museo Pazo de Cruz, en Covelo, e 108 persoas da Asociación de Veciños e Veciñas Calvario, de Vigo, fará unha ruta que levaralles ata a Illa de Ons.

 

En canto ao domingo, haberá 11 novas excursións que comezarán con 54 persoas da Asociación Sociocultural Malvela, de Mos, que farán a ruta temática “Camelias Señoriais” e con 108 usuarios e usuarias da Asociación Cultural Os Penediños de Atios visitando as Illas Ons.

 

Amais, 54 persoas do Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, de Nigrán, levarán a cabo unha ruta pola comarca de Pontevedra; 108 do Club de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora do Carme, de Moaña,  percorrerán Cambados e os seus puntos de interese turístico, e 54 persoas da Casa Cultural, Artística e Deportiva de Areas, en Ponteareas, fará unha ruta por Silleda para coñecer o Castro de Toiriz, o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a fervenza do río Toxa e escenarios da serie “o final do camiño”.

 

Pola súa parte, 54 usuarios e usuarias da Asociación de Veciños A Capela, de Pontevedra, chegarán a Agolada, onde coñecerán o Museo A Solaina de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e, en Vila de Cruces, a igrexa de San Salvador de Camanzo. Tamén 54 persoas do Centro Cultural Josefina Figueroa Barros, de Portas, visitarán o Castro de Santa Trega, na Guarda; o Espazo Fortaleza, en Goián, o monte Aloia e o Alto dos Cubos, en Tui; 108 persoas da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, de Vigo, percorrerán o Parque da Natureza do Río Barosa, en Barro; a antiga azucreira, o miradoiro do val do Umia e a exposición sobre Domingo Fontán, en Portas; o xacemento da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro, en Valga, e as Torres de Oeste, en Catoira, e 108 persoas da Asociación de Veciños de Salcedo Norte, de Pontevedra, visitarán o Castelo de Sobroso, Mondariz-Balneario, os petroglifos de Gargamala e o castro de Troña.

 

Por último, 108 persoas da Asociación de Recuperación do Traxe Galego, da Guarda, e 54 persoas da Asociación Adicam, de Cangas, farán unha ruta marítima pola ría de Arousa e 108 persoas da Asociación de Mulleres Rurais As Aceñas, de Vilanova de Arousa, e 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Meis, levarán a cabo unha ruta marítimo para coñecer a Illa de San Simón, o Museo Meirande, de Redondela, e o Castelo de Soutomaior.

 

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor