Vigo 2015 xoga como local ante o Concello de Begonte

Vigo 2015 xoga como local ante o Concello de Begonte

O Domingo 30 de Setembro ás 12:00 horas no Pavillón Universitario de Vigo terceira xornada da máxima Categoría Nacional de Xuvenís de Fútbol sala. Unha xornada máis o Vigo 2015 xoga como local ante o Concello de Begonte, os vigueses marchan lideres da catergoría invictos e esperan sacar 3 novos puntos neste choque. O equpo

O Domingo 30 de Setembro ás 12:00 horas no Pavillón Universitario de Vigo terceira xornada da máxima Categoría Nacional de Xuvenís de Fútbol sala.

Unha xornada máis o Vigo 2015 xoga como local ante o Concello de Begonte, os vigueses marchan lideres da catergoría invictos e esperan sacar 3 novos puntos neste choque.

O equpo que adestra Lucas , contará coa baixa do porteiro Adam cun partido de sanción e a de Alberto que fué convocado co equpo de Terceira que xoga ás 18:00 en Lugo ante o Vilalba F.S..

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL.

Pola súa banda o Vigo2015 da Terceira Nacional, viaxa de novo a Lugo no máis alto da clasificación e espera conseguir os 3 puntos en liza para non perder esta privilexiada posición.

Para este partido o míster ten as baixas de Borja(motivos laborais) e de Óscar(motivos persoais) e o alta do xuvenil Alberto.

Asemade lembramos que o día 9 de outubro no pavillón municipal de As Travesas en Vigo; xunto con a ESPS Escola Europea Parasanitaria e os seus alumnos organizaremos unha sesión de masaxe e alongamentos musculares de 20 a 22.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor