Volta subir o prezo do butano un 5%

O prezo do butano volve subir outro 5% e sitúase nos 14,61 euros

Son 2,88 euros máis que en setembro de 2016, cando o prezo alcanzou os 11,73 euros. FACUA esixe ao Executivo que modifique os instrumentos de cálculo na revisión de tarifas que garantan a protección dos intereses económicos dos consumidores.

O prezo do butano volve subir outro 5% e sitúase nos 14,61 euros

Fonte: FACUA.org

FACUA-Consumidores en Acción avisa de que a bombona de butano volve subir outro 5%. A partir deste martes, comprar unha bombona estándar de 12,5 kg custará 14,61 euros.

A asociación sinala que son 2,88 euros máis que hai xusto dous anos, cando o prezo chegou aos 11,73 euros. Trátase da segunda subida consecutiva tras outro incremento do 5% no mes de xullo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

FACUA lembra que desde o 17 de xullo o butano custaba 13,93 euros (incluídos os 0,015 céntimos do imposto de hidrocarburos e o 21% do IVE), polo que a tarifa aumentou 0,68 euros.

A asociación indica que o novo prezo do butano pasará a ser de 95,1261 céntimos de euro por quilogramo, segundo unha resolución que aparece no Boletín Oficial do Estado (BOE).

FACUA reclama ao Goberno de Pedro Sánchez que modifique os instrumentos de cálculo na revisión de tarifas que aseguren a protección dos intereses ecónomicos dos consumidores.

A bombona estándar de 12,5 kg comercializábase en xullo de 2016 a 11,27 euros, impostos indirectos incluídos, prezo que comezou a aplicarse desde o día 19. A partir de entón, o 20 de setembro, a 11,73 euros, o 15 de novembro a 12,29 euros, o 17 de xaneiro de 2017 a 12,89 euros, o 21 de marzo a 13,52 euros, o 16 de maio a 14,19 euros, o 18 de xullo a 14,89 euros, o 19 de setembro a 14,15 euros, o 21 de novembro a 14,45 euros, o 16 de xaneiro de 2018 a 14,69 euros, o 20 de marzo de 2018 a 13,96 euros e o 15 de maio de 2018 a 13,28 euros.

Prezo marca: 17,50 euros

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

FACUA lembra que o máximo histórico da bombona foron os 17,50 euros que tiveron que abonar os usuarios durante case a metade da décima lexislatura, entre o 14 de maio de 2013 e o 16 de marzo de 2015 (un total de 672 días). O prezo máis alto durante os gobernos de Zapatero foron os 15,19 euros vixentes desde o 1 de outubro de 2011 (a 81 días do fin da súa segunda lexislatura) e que Rajoy mantivo até o 31 de marzo de 2012.V

Deixa unha resposta