1135 profesionais de Renfe poderían ter tido contacto co amianto

Nunha resposta parlamentaria á deputada de Unidos Podemos, Eva García Sempere, desde Moncloa detallaron que Renfe iniciou nos anos 90 unha campaña de vixilancia da saúde á que podían incorporar todas aquelas persoas que considerasen a posibilidade de estar en contacto con amianto. Así, até o ano 2017, a campaña foi adherida por, aproximadamente, 1.135 persoas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A pesar destas cifras, desde o Executivo comparten que en ADIF, a entidade pública que xestiona a construción e explotación de liñas de ferrocarril en España, non ten lugar o emprego nin a manipulación de amianto por parte dos seus traballadores en ningunha das súas actividades.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO