18 bebés dunha mesma zona de Francia nacen sen un brazo ou unha man

As autoridades francesas lanzan unha investigación nacional tras aumentar a 18 os casos sospeitosos de bebés con agenesia. Nos últimos días elevouse a 18 o número de bebes nacidos entre o 2000 e o 2014 aos que lles falta algunha extremidade superior

Nas últimas semanas, e segundo recolle El País e a web Consalud, as autoridades francesas están a investigar 18 casos de bebes que naceron entre o ano 2000 e o 2014 aos que lles falta un brazo, o antebrazo ou unha man.

O goberno francés ten prometido aos seus cidadáns a maior transparencia posible xa que “toda Francia quere saber o que está a pasar”. “Non podemos contentarnos con dicir que non atopamos unha causa”, afirmou a ministra de Saúde, Agnès Buzy, en declaracións á emisora BFM TV.

Agnès Buzy, asegurou que pode tratarse dun factor ambiental, que estea vinculado ao que comeron as nais dos nenos afectados durante o embarazo, ou a algo “que respiraron”.

Nos últimos días elevouse a 18 o número de bebes nacidos entre o 2000 e o 2014 aos que lles falta algunha extremidade superior na zona de Ain. Con todo, a especialista que descubriu o caso foi acusada pola comunidade científica de alarmista e dimitiu do seu posto.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO