50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo

50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo

Máis de 50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo grazas ás axudas da Xunta de Galicia Ao abeiro destas liñas de subvencións convocadas anualmente por Turismo de Galicia séguese a apostar pola mellora da atención aos visitantes á Comunidade 09/07/2018|Xunta Durante este verán, máis de 50 concellos galegos reforzan

Máis de 50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo grazas ás axudas da Xunta de Galicia

Ao abeiro destas liñas de subvencións convocadas anualmente por Turismo de Galicia séguese a apostar pola mellora da atención aos visitantes á Comunidade

09/07/2018|Xunta

Durante este verán, máis de 50 concellos galegos reforzan o persoal das súas oficinas de turismo coa intención de mellorar a atención aos visitantes á Comunidade completando os servizos de información turística. Este reforzo é posible ao abeiro da liña de axudas convocada un ano máis pola Xunta de Galicia destinada aos concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos galegos.

Na edición deste ano benefícianse un total de 44 concellos das catro provincias e tres entidades locais –a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Mancomunidade de concellos de O Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro– que integran á súa vez máis de 30 concellos. Turismo de Galicia avanza así no seu traballo por impulsar a mellora da experiencia turística na nosa Comunidade e por continuar colaborando coas administracións locais.

Esta liña de axudas inclúese no programa de subvencións que Turismo de Galicia convocou este ano e que conta cun investimento global de preto de 6 millóns de euros dirixidos ao sector turístico, ás entidades locais e a diversos colectivos. Para o sector, inclúense actuacións de mellora nas infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e tamén para a cooperación entre pequenos operadores.

Para os concellos e entidades locais, ademais de colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo dos municipios turísticos e xeodestinos, tamén se impulsan as actuacións de mellora nas súas infraestruturas e recursos. Ademais, inclúese unha partida para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Tamén se convocaron os Premios Camiño de Santiago e os Galicia Parabéns, co que a Xunta premia os esforzos dos concellos pola preservación das paisaxes

Diversificación da oferta

Con todos este fondos, o Goberno autonómico continúa así a traballar para facer de Galicia un destino cada vez mellor, máis competitivo e de maior calidade. Dá resposta, ademais, aos obxectivos da Estratexia de turismo de Galicia 2020 por impulsar a colaboración coas administracións locais. Neste sentido, as axudas contribúen a mellorar e impulsar os recursos e infraestruturas turísticas por todo o territorio afondando así na diversificación da nosa oferta, de xeito que todos os galegos poidan experimentar os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística supón.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor