500 sacristáns botarán auga bendita os estudantes da ESO

Dalgún xeito temos de parar a pandemia e evitar contaxios. A auga bendita purificará a eses rapaces que xa blasfeman para evitar que o demo os contaxie da Covid.

Informa: Purificación Portomeñe | Xornal Galego Sección chouchadas

A Xunta de Galicia desta vez si que está a actuar con cautela, na volta as aulas dos alumnos da ESO obrigará a todos os adolescentes e adolescentas a ser mollados con pingas de auga bendita. Ante as queixas de sindicatos de mestres, a Xunta actuará coa contratación de 500 sacristáns e preveen gastar mais de 5500 litros de auga bendita o mes.

Publicidade Xornal Galego:

A medida conta xa co compre e prace de Rouco Varela; a maiores mesmo non se desbota ampliar a medida obrigando a rezar nas aulas e incluir neles crucifixos novamente.

 

Seguiremos embrullando!