Help Galicia envía, gratis e a domicilio, 4.000 unidades de drogotest

A Fundación Help Galicia envía, gratis e a domicilio, 4.000 unidades de drogotest e guías sobre adicciones

A “Campaña Fogar e Familia” é unha iniciativa que se enmarca dentro das accións do “Plan de prevención da drogodependencia 2018/2019” da Fundación Help Galicia. Esta campaña consiste no envío dun total de 4.000 unidades de test para detectar consumos de Alcohol, Cocaína, Heroína, Benzodiacepinas e Cannabis, así como guías específicas sobre adicciones, ás persoas que o soliciten a través da páxina web da Fundación A Fundación Help Galicia activa esta campaña dentro do seu plan de accións para o curso 2018/2019. As persoas ás que se dirixe son familiares ou persoas que conviven cos enfermos de adicción, e o obxectivo é que, mediante os coñecementos e a estratexia oportuna, poidan axudar ao enfermo adicto. Dedícase especial atención á prevención do consumo de drogas por parte dos adolescentes.
A “Campaña fogar e familia” consiste en enviar, ata esgotar as 4.000 unidades, test de drogas e guías con información útil sobre adicciones, ademais de pautas sobre como se debe de actuar e motivar ao enfermo de adicción. As persoas que estean interesadas en recibir os elementos desta campaña de prevención de xeito gratuita, deberán de solicitalo a través da web da Fundación:

As probas só detectan un tipo de sustancia, non indican resultados múltiples.
As probas son para detectar o consumo de alcohol, cocaína, heroína, benzodiacepinas e cannabis.
Pódese solicitar un máximo de 2 unidades de drogotest por persoa.
Poden solicitarse 2 unidades para a mesma sustancia ou 2 unidades para sustancias diferentes.
As Guías sobre adicciones enviaranse xunto coas probas de drogotest.
As Guías dispoñen de información útil e variada sobre conceptos básicos e drogas, así como recomendaciones de como se ten que actuar co adicto.

Fundación Help Galicia. Pontevedra 2018.
Os plans de actuación que aporta a Fundación Help Galicia baséanse nos 3 eixes indispensables para loitar contra a enfermidade da drogodependencia: a persoa, a sustancia e o contexto.
As misións principais da Fundación Help Galicia son a prevención do uso de drogas, que é onde realmente fai falta un gran labor proactiva, e a investigación para poder xerar un maior coñecemento das enfermidades de adicción. Desta forma búscase evitar que as persoas e fundamentalmente a poboación nova, use e termine abusando de sustancias adictivas que poidan dar lugar a futuros adictos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Centro Especializado en trastornos adictivos. Help Adicciones. 
A Fundación Help Galicia nace do centro sanitario Help Adicciones, que ten no seu haber numerosos casos de intervencións resoltas con alta porcentaxe de éxito a través dos seus tratamentos personalizados para cada tipo de drogadicción. Sempre sen esquecer o obxectivo fundamental de aportar calidade de vida e saúde ás persoas que buscan axuda.
Creouse unha guía de axuda para familiares, en base a toda esa experiencia acumulada, aínda que tamén pode ser de utilidade para as persoas adictas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Contacto 
Nomee contacto: José Manuel Torres 
Descrición contacto: https://www.helpadicciones.com/fundacion/
Teléfono de contacto: 881 94 24 87