A asociación galega de pais e nais separados vaise reunir con todos os grupos parlamentarios

A Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego emitiu o informe requirido polo Parlamento, concluindo que Galicia “non ten competencias para lexislar sobre a custodia compartida”; suxire ao Parlamento de Galicia unha regulación estatal.

 

Logo do correspondente debate e votación, desde a Comisión Superior para o estudio do desenvolvemento do Dereito civil galego adóptase por maioría dos seus membros na sesión do 28.05.2018 a posición contida nas consideracións que de seguido se recollen que serviron de base para conformar o parecer maioritario da Comisión sobre a falta de competencia da materia obxecto da Proposición de lei de ILP en tramitación sobre corresponsabilidade parental e relacións familiares no cese da convivencia; e sen prexuízo de anexar, así mesmo, como voto particular, as reflexións da posición minoritaria, que se remiten de xeito conxunto neste documento ao Parlamento de Galicia.

Publicidade Xornal Galego:

Así mesmo, por consenso do plenario da devandita Comisión suxírese ao Parlamento de Galicia a posibilidade de dirixirse ás Cortes Xerais instando a modificación da regulación estatal para dar cobertura xeral a esta materia.

Con motivo da reunión organizada en Santiago de Compostela pola Asociación Galega de Pais e Nais Separados e persoas que non sendo socios sumaron o seu esforzo a esta iniciativa. Establecerase contactos con todos os grupos parlamentarios para poder seguir adiante con éxito coa ILP que recolleu 14.468 sinaturas, superándose o número esixido no artigo 2 da Lei 7/2015 do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia.

A Comisión Promotora veu mantendo nos pasados meses reunións cos grupos políticos do Parlamento de Galicia: En Marea, PSOE e Partido Popular e BNG. Nesta nova fase da tramitación da ILP seguimos estando en contacto con todos eles na procura que a lei chegue a aprobarse respectando os seus contidos e incorporando as milloras que sexan posibles.