A ciencia corrobora que se come mellor na “aldea”

Cómese mellor no campo que na cidade

As persoas que viven no campo aliméntanse mellor e levan unha dieta máis saudable que aquelas que viven nas grandes urbes. Isto é o que constataron uns científicos a raíz do primeiro estudo levado a cabo para confirmar unha posible relación entre o patrón alimentario que se segue e o lugar no que se vive.

Para iso os investigadores compararon os hábitos saudables de persoas enfermas (en concreto 262 enfermos de diabetes tipo 1) e sas (254 persoas). Puideron comprobar así que os pacientes con diabetes tipo 1 que non vivían na cidade seguían uns hábitos máis saudables (dieta mediterránea e práctica de exercicio a diario), en comparación cos que vivían nas cidades.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A tenor destes resultados os investigadores inciden na necesidade de que leve a cabo unha educación nutricional adecuada, atendendo especialmente aos habitantes das cidades; estes son os que máis problemas teñen para cambiar os seus hábitos alimentarios, mesmo se están enfermos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO