A comida orgánica si axuda a previr o cancro. Porqué se dí o contrario?

Un estudo ratifica que se pode protexer do cancro comendo alimentos orgánicos. A que tipode interés atenden quenes din o contrario?

Anxo Machado | Xornal Galego

Un estudo publicado o luns en JAMA Internal Medicine revela que quen come con frecuencia alimentos orgánicos diminue o seu risco xeral de desenvolver cancro.

Especificamente, tiñan máis probabilidades de protexerse do linfoma non hodgkin e do cancro de mama posmenopáusico.

Dirixido por Julia Baudry, epidemióloga do Instituto Nacional de Saúde e Medicina en Francia, un equipo de investigadores examinou as dietas de 68.946 adultos franceses no devandito estudo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Máis de tres cuartas partes eran mulleres, cunha media de ao redor de 40 anos. Estas  clasificáronse en catro grupos segundo a frecuencia coa que informaron consumir 16 produtos orgánicos, incluídas froitas e verduras, carne e peixe, comidas listas para comer, aceites e condimentos vexetais, suplementos dietéticos e outros produtos.

O tempo de seguimento variou pero durou un pouco máis de catro anos e medio, os voluntarios  desenvolveron un total de 1.340 cancros. O máis frecuente foi o cancro de mama (459) seguido do cancro de próstata (180), o cancro de pel (135), o cancro colorrectal (99) e loslinfoma non hodgkin (47).

Ao comparar, os investigadores atoparon relación negativa entre as puntuacións altas (comer a comida máis orgánica) e o risco xeral de cancro. Os que comeron a maioría dos alimentos orgánicos foron 25% menos propensos a desenvolver cancro. Especificamente, foron un 73% menos propensos a desenvolver linfoma non hodgkin e un 21% menos propensos a desenvolver cancro de mama posmenopáusico.

Os autores teorizan que o risco de cancro débese á “significativa” redución da contaminación.

O estudo coinciden cos da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, que descubriu que os pesticidas causan cancro nos seres humanos, noutro estudo tamen se mostrou unha relación negativa entre comer alimentos orgánicos e linfoma non hodgkiniano.

Entón, a quen lle interesa dicir o contrario?

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Últimamente podemos atopar novas que parecen contradicir estes estudos sen baseamento lóxico algún. Podemos leer información que mais ben parece atentar contra a sentido común, e sen dúbida iso confunde a poboación sobor da necesidade de coidar a calidade dos alimentos inxeridos. Porque? Esa resposta debe ser respostada por eles mesmos…