A Deputación de Ourense aprobou axudas de 185.000 euros para iniciativas culturais e deportivas

A Deputación de Ourense aprobou axudas de 185.000 euros para iniciativas culturais e deportivas

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por importe de 185.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas culturais e deportivas A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por importe de 185.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas culturais e deportivas de entidades e

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por importe de 185.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas culturais e deportivas

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por importe de 185.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas culturais e deportivas de entidades e concellos, segundo detallou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Monserrat Lama, na comparecencia informativa posterior á reunión celebrada no Pazo ProvincialDetalles contido A Deputación de Ourense destina 185.000 € a axudas para os ámbitos da cultura e o deporte A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de axudas por importe de 185.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas culturais e deportivas de entidades e concellos, segundo detallou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Monserrat Lama, na comparecencia informativa posterior á reunión celebrada no Pazo Provincial
15/06/2018|Deputación de Ourense
Unha das resolucións fai referencia ás achegas para as Copas Deputación 2018 a 36 clubs e actividades deportivas por un importe total de 78.808 euros, no marco da concesión de subvencións para as Copas Deputación 2018 (BOP n.º 20, do 25 de xuño de 2018) de data 13 de xuño de 2018, axudas que se distribúen segundo as puntuacións alcanzadas entre 36 federacións, clubs e asociacións deportivas da provincia.

No ámbito cultural, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención por importe de 15.000 euros para o grupo de teatro Sarabela, como organizador da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, a MITEU. Esta axuda, destinada ao financiamento da 23ª edición da mostra, ven de amosar o compromiso da Deputación de Ourense cunha actividade cultural de recoñecido prestixio, como a MITEU, con preto de 30 representacións, 28 compañías de sete países e sete comunidades autónomas españolas e xa 23 edicións, datos que falan da importancia deste evento.

Outras axudas que se aprobaron hoxe foron: a subvención de 10.000 euros destinada á Asociación Cultural da Castaña de Riós, cuxo obxectivo é financiar actividades organizadas por esta asociación, fundamentalmente o Festival de Artes Escénicas “Abelardo Gabriel”, que se celebrará en novembro; e unha axuda por importe de 25.000 euros para a Asociación Cultural Pen Club de Galicia, para os gastos de funcionamento da sección galega desta asociación mundial de escritores.

No capítulo de colaboración figura a aprobación dunha achega de 6.000 euros para a Diócese de Ourense para a restauración do retablo da igrexa parroquial de Santiago de Verea, no concello de Verea, e unha axuda de 50.000 euros que terá como destinatario o concello de Xunqueira de Espadanedo, para o mantemento de servizos municipais.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor