A Deputación de Pontevedra aproba actuacións no patrimonio histórico e cultural para 45 concellos

A Deputación de Pontevedra aproba actuacións no patrimonio histórico e cultural para 45 concellos

Nesta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens |Deputación de Pontevedra A Xunta do Goberno vén de aprobar na súa última sesión a resolución de axudas para

Nesta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens

|Deputación de Pontevedra

A Xunta do Goberno vén de aprobar na súa última sesión a resolución de axudas para actuacións no patrimonio histórico e cultural. Esta liña foi convocada cun orzamento de 500.000 euros e o número total de concellos beneficiarios ascende a 45. Hai que lembrar que o obxectivo xeral destas subvencións é o de promover a recuperación e rehabilitación deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.

As bases contemplaban actuacións que incluísen propostas de obras de conservación, restauración e sinalización. Así, como obras de conservación estipulábanse as que tivesen como finalidade o mantemento do inmoble coas súas características e materiais orixinais, fosen reparacións puntuais, substitucións concretas de elementos deteriorados, ou as que derivasen de reparacións dos danos habituais provocados polo paso do tempo ou polo seu uso característico. Tamén contemplaba como subvencionables as obras de sinalización dos bens inmobles, e os estudos museográficos e arqueolóxicos coa información previa ao deseño dos mesmos e que son necesarios para a elaboración de sinais. A orde incluía ademais os proxectos técnicos oficiais e colexiados das actuacións a levar a cabo; o deseño e instalación de paneis informativos; e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos para a elaboración dos paneis de sinalización, coa recollida da información precisa e veraz dos mesmos.

En canto á distribución das axudas, do total de 500.000 euros, un importe fixo de 250.000 euros repartiuse de forma lineal entre os concellos da provincia que presentaron solicitudes. Os outros 250.000 euros foron repartidos do seguinte xeito: o 20% desta cantidade destinouse ao grupo de concellos de ata 10.000 habitantes; unha porcentaxe do 40% destinouse ao grupo de concellos que teñan entre 10.001 e 20.000 habitantes; e outro 40% destinouse ao grupo de concellos que teñen entre 20.001 e 50.000 habitantes. A porcentaxe económica correspondente a concellos incluídos nestes grupos pero que non presentaron solicitude, foi redistribuída e engadida ás cantidades iniciais.

Distribución por comarcas

Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 79.349,28 euros, que corresponden a un total de 6 c0ncellos solicitantes: Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, O Porriño, Redondela, e Salceda de Caselas. Na comarca do Salnés as axudas ascenden a un total de 85.245,9 euros e corresponden aos concellos de Cambados, a Illa de Arousa, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. No Baixo Miño aprobáronse axudas por un importe de 33.738,53 euros para os concellos de A Guarda, Oia, e Tomiño. Na comarca de Pontevedra o importe dos proxectos aprobados suma 60.404,4 euros e corresponden a solicitudes dos concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, e Ponte Caldelas. Na comarca de Deza e Tabeirós o importe total é de 35.116,51 euros para proxectos procedentes de Forcarei, Lalín, Silleda, Agolada e Vila de Cruces. Na comarca do Morrazo a suma ascende a 74.748,15 euros e corresponde a solicitudes dos catro concellos: Cangas, Bueu, Marín e Moaña. Na comarca de Caldas as axudas suman 45.016,82 e corresponden aos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas e Valga. Por último, na comarca do Condado-Paradanta as axudas suman 86.380,41 euros e corresponden aos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de miño

Listaxe de concellos solicitantes cos proxectos aprobados e o importe correspondente a cada un deles.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor