A Deputación de Pontevedra avanza na xestión electrónica de sancións de tráfico a través de dispositivos telemáticos

A Deputación de Pontevedra avanza na xestión electrónica de sancións de tráfico a través de dispositivos telemáticos

A Deputación impulsa a través do ORAL un proxecto piloto para a xestión electrónica das sancións de circulación O Concello de Caldas de Reis xa estreou a pasada fin de semana a pioneira iniciativa do Goberno provincial que estuda o seu funcionamento para exportalo ao resto da provincia   A Deputación de Pontevedra dá un

A Deputación impulsa a través do ORAL un proxecto piloto para a xestión electrónica das sancións de circulación

O Concello de Caldas de Reis xa estreou a pasada fin de semana a pioneira iniciativa do Goberno provincial que estuda o seu funcionamento para exportalo ao resto da provincia

 

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis no achegamento aos concellos da provincia das novas tecnoloxías. A través do ORAL puxeron en marcha unha novidosa iniciativa para a xestión electrónica de sancións de tráfico a través de dispositivos telemáticos. O proxecto piloto xa comezou en Caldas de Reis a pasada fin de semana e a idea é exportalo ao resto da provincia de Pontevedra para facilitar, deste xeito, o traballo da Policía Local de aqueles concellos nos que o ORAL xestiona a tramitación das notificacións de circulación.

Esta nova iniciativa, que forma parte do esforzo da institución provincial por dotar de novos medios e servizos do século XXI aos municipios máis pequenos, xa comezou coa formación da Policía Local de Caldas de Reis, que recibiu nocións sobre o funcionamento dos dispositivos electrónicos para a xestión das multas. Tras o proceso de formación, as traballadoras e traballadores municipais están xa a comezar a traballar cos dispositivos telemáticos coa finalidade de analizar o seu funcionamento e as posibles incidencias desta nova forma de xestionar as sancións de circulación.

A Deputación de Pontevedra, tras poñer en marcha o proxecto piloto da xestión electrónica en Caldas, ten por obxectivo estender estes dispositivos, en función da súa viabilidade, ao resto dos concellos da provincia nos que o ORAL se encargue da recadación das sancións da policía municipal.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor