A desinformación sobre os medicamentos homeopáticos

Hai apenas uns días puidemos ver nos medios de comunicación como a maquinaria de desinformación actuaba unha vez mais para desinformar á sociedade dicindo que:

“o ministerio ordenara a retirada de miles de medicamentos homeopáticos das farmacias”

Cando o que fixera en realidade o ministerio é rexistrar como medicamentos 2.008 produtos homeopáticos. Os que representan o 90% das vendas sendo os propios fabricantes e non o ministerio os que optaron por non rexistrar outros podendo legalmente facelo.

Logo non é que o ministerio de sanidade non retirase 4.000 produtos homeopáticos, é que non retirou nin un só. Ademais debemos esclarexar que quen se viu forzada a facer ese rexistro foi a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios porque así o esixían as normas europeas.

O decreto aprobado o pasado 29 de outubro e publicado no BOE o que fai é dar aos produtos homeopáticos a categoría definitiva de medicamentos pois até ese momento a súa legalidade aparecía nunha disposición transitoria.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A actitude dos dous ministros sobre a Homeopatía é ademais inexplicable porque a Comisión Europea xa respondeu ao Goberno de Pedro Sánchez tres veces -a última o pasado un de outubro- que non vai revisar o marco actual sobre a Homeopatía nin vai admitir iniciativa algunha para prohibila ou impedir que se siga vendendo en farmacias.