A dieta nórdica, das mais saudables segundo a OMS

Dieta nórdica: Coñece en que consiste o réxime alimenticio que segundo a OMS é un dos máis saludables.

Unha recente investigación levada a cabo pola área de cardioloxía da Universidade de Harvard, clasificou esta dieta como unha dieta “protectora do corazón”, isto foi determinado así polos seus nutrientes beneficiosos para a prevención de patoloxias coma poden ser o cancro, a diabete e enfermidades coronarias.

A dieta nórdica e unha dieta que descata pola ampla inxesta de vexetais como pode ser o repolo, o brócoli, repoliños de bruselas, patacas e cenorias…

Un novo estudo publicado pola OMS Organización Mundial da Saúde revelou fai pouco que ademais da coñecida xa por todos dieta mediterránea, a dieta nórdica é tamen unha dieta moi beneficiosa para o organismo, sobre todo reducindo as taxas de cancro, diabete e enfermidades coronarias. Sen dúbida aquilo que xa dicía Hipocrates de: “Que o teu alimento sexa o teu medicamento” tornase unha vez mais en vital ante tal evidencia.

Aínda que ambos os réximes alimenticios (o mediterraneo e o nórdico) comparten certas similitudes, poucos coñécen a dieta nórdica, a dieta nórdica e a dieta que se comezou a popularizar desde o ano 2004, sendo sistematizada polo famoso restaurante NOMA de Copenhague.

Tal como o seu nome di, a dieta nórdica inclúe alimentos provenintes principalmente de países como Suecia, Noruega, Finlandia, Islandia e Dinamarca, tales como froitos vermellos, legumes, grans enteiros, peixes grasos…

Publicidade Xornal Galego:

Segundo unha investigación realizada por investigadores de Harvard Heart Letter, os escandinavos destácanse na sua dieta polo seu alto consumo de froitos vermellos (frutiñas, arándanos azuis e vermellos, frambuesas e mouras).

“Os froitos do bosque son fontes excelentes de químicos beneficiosos das plantas, as antocianinas, que parecen baixar a presión sanguínea e fan máis flexibles os vasos sanguíneos”

O estudo realizado polos expertos de Harvard establece que dieta nórdica rescata a inxesta de cereais como centeo, cebada e avena; os vexetais como repolo, brócoli, repoliños de bruselas e cenorias; legumes, sementes como as de girasol e sésamo; peixes como o arenque, o salmón e a caballa; e os mariscos.

O estudo da Universidade de Harvard recomendou esta dieta como unha “protectora do corazón”, e que limita o procesamento de doces e carne vermella.

Publicidade Xornal Galego:

Jose Antonio Sánchez Colaborador na sección Saúde Natural: Socio científico da Sociedade Española de Probióticos e Prebióticos (SEPyP), investigador en Healthy Help Corporation e director de Escola Europea Parasanitaria ESPS, autor de diversos libros de saúde natural.