A FDA advirte contra o uso do Omeprazol

A FDA (a axencia do goberno dos Estados Unidos responsable da regulación dos medicamentos) mesmo emitiu unha alerta sobre os efectos desastrosos destes tratamentos, advertindo aos cidadáns para que non os tomen durante máis de catro semanas seguidas.

E son medicamentos que se venden sen receita e que a xente toma tranquilamente durante semanas, meses e mesmo anos pensando que son inofensivos!

O omeprazol e outros medicamentos antiácido similares (pantoprazol, esomeprazol, lansoprazol?) aumentan -e moito- o risco de mortalidade. Nada menos que até o dobre.

Este estudo foi publicado na revista científica de referencia BMJ (British Medical Journal). (1)

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Pero o aterrador das súas conclusións non debe facernos esquecer moitos outros efectos terroríficos dos medicamentos antiácido inhibidores da bomba de protones (IBP) que a ciencia non deixa de sacar á luz:

Cancro gástrico. Trátase dun efecto secundario do que se sospeitaba desde facía tempo e que finalmente se puido demostrar cientificamente. Os investigadores aseguran que este efecto carcinogénico débese á hipergastrinemia que provoca o tratamento con IBP. O risco é aínda maior se se seguiu un tratamento fronte á bacteria Helicobacter pylori. (2) (3)

Fractura de cadeira. O uso crónico de IBP asociouse a este risco (especialmente acentuado en mulleres e sobre todo se son fumadoras). (4)

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Infarto e enfermidade cardiovascular. O uso de medicamentos antiácido asociouse a un risco un 20% maior de ataque cardíaco (á marxe da idade do paciente) e nada menos que un 122% superior de morrer por unha enfermidade cardiovascular. (5)

  1. Xie Y, Bowe B, Li T et al. “Risk of death among users of Proton Pump Inhibitors: a longitudinal observational cohort study of United States veterans”. BMJ Open 2017;7: e015735. doi: 10.1136/bmjopen-2016-015735. 
  2. Waldum HL, Fossmark R. “Proton pump inhibitors and gastric cancer: a long expected side effect finally reported also in man”. Gut Published Online First: 20 November 2017. doi: 10.1136/gutjnl-2017-315629. 
  3. Cheung KS, Chan EW, Wong AYS, et al. “Long-term proton pump inhibitors and risk of gastric cancer development after treatment for Helicobacter pylori: a population-based study”. Gut 2018;67 :28-35. 
  4. “Use of proton pump inhibitors and risk of hip fracture in relation to dietary and lifestyle factors: a prospective cohort study”. BMJ 2012; 344 doi: BMJ 2012;344: e372. 
  5. “Some heartburn drugs may boost risk of heart attack”. Stanford University School of Medicine.