A feminista rusa Lyubov Kalugina enfróntase a cinco anos de cárcere por instigar a odiar os homes

Feminista rusa enfróntase a cinco anos de cárcere por instigar a odiar os homes

Lyubov Kalugina é acusada por mensaxes nunha rede social, as autoridades de Rusia teñen aberta unha causa penal contra a bloguera por “instigar ao odio” cara aos homes, baséanse no artigo 282 do Código Penal deste país, por delitos de “fustigación nacional, racial ou relixioso”.

As autoridades abriron dilixencias contra a muller, de 31 anos, despois dunha denuncia anónima dun habitante de Birobidzhán. Lyubov Kalugina di que o 90 % do contido son “memes e discusións acaloradas” con outras “compañeiras na loita polos dereitos da muller”.