A guerra contra o natural e moi produtiva para as farmacias

A guerra contra o natural e moi produtiva para as farmacias

Health Market publicou o seu informe mensual no que se comproba que a facturación no mercado farmacéutico en España creceu un 1,4% nos últimos doce meses e ata un 11,9 en alguns productos concretos. Segundo Health Market publicou no seu informe mensual a facturación entre outubro de 2017 e setembro de 2018 ascendeu a 19.447

Health Market publicou o seu informe mensual no que se comproba que a facturación no mercado farmacéutico en España creceu un 1,4% nos últimos doce meses e ata un 11,9 en alguns productos concretos.

Segundo Health Market publicou no seu informe mensual a facturación entre outubro de 2017 e setembro de 2018 ascendeu a 19.447 millóns de euros, en total en España vendéronse 1.685 millóns de unidades de produtos no último ano.

Os datos do informe “A farmacia española, en cifras” realizado pola consultora stratégica de datos hmR ven a demostrar novamente que o mercado farmacéutico segue á alza en España.

Nos últimos doce meses o mercado farmacéutico creceu un 1,4% en facturación.

Produciuse un aumento tanto nos medicamentos que necesitan prescrición médica como nos produtos para o autocuidado

O crecemento produciuse nos medicamentos con prescrición médica que soben un 1,2% no último ano, como nos produtos de parafarmacia ou cosmetica, beleza… Productos para o coidado da saúde de libre dispensación nas oficinas de farmacia, cuxo incremento foi dun 2%.

Pola sua banda nomedio de toda a guerra contra as terapias naturais resulta que os suplementos anteriormente vendidos case sempre nas herboristerías ou similares sufriron o maior dos incrementos o chegar a case un 5%, pola sua banda os medicamentos sen receita un 4%, os destinados a o coidado do paciente ou produtos sanitarios un 2,7% e coidado persoal ou cosméticos un 0,8%. A única que categoría que descende neste caso é a nutrición, que rexistra perdas de 3,2%.

A categoría con maior facturación é antienvejecimiento e antiarrugas muller, representando o 11,9% do mercado de coidado persoal.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor