A humidade podería propagar mais a gripe

Un estudo en Estados Unidos indica que a densidade demográfica e o clima poden ser factores importantes para predicir a intensidade e o tempo da epidemia da gripe, afirman os investigadores dun estudo recentemente publicado na revista Science.

Hai varios factores que poden explicar como vai propagarse o virus. Por exemplo, sistemas inmunológicos débiles durante o inverno, aumento de ambientes sociais pechados, a baixa humidade no inverno, entre outros.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Con todo, algúns dos factores que inflúen na propagación do virus pódense medir. Para analizar un prognóstico da epidemia, os investigadores da Universidade Estatal de Oregon, en Estados Unidos, analizaron datos semanais sobre a incidencia da gripe en 600 rexións do país.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO