A maior concentración de arte rupestre europeo nunha sola ruta

“Terras de Pontevedra”, a maior concentración de arte rupestre europeo nunha sola ruta

Esther R. | Xornal Galego

A arte rupestre de “Terras de Pontevedra” contempla un conxunto de xacementos e vestixios de arte prehistórica situados ao noroeste da Península Ibérica, especificamente na parte central da provincia de Pontevedra, sendo esta zona onde se atopa unha das maiores concentracións de arte rupestre de España e de Europa.

A temática que engloba os petróglifos desa zona é variada, pero pódese dividir en dous grupos: o naturista, representado por figuras antropomórficas e utensilios de caza como animais (cabalos, cérvidos, serpes) e pegadas. Pola súa banda, o outro grupo é o xeométrico, predominando as formas e debuxos abstractos como cazoletas, labirintos, espirais ou círculos.

Estas representacións, forman parte da mancomunidade de concellos dos municipios de Pontevedra, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Poyo, Marín, Puentecaldelas e Vilaboa, en todos eles existen grandes vestixios que se remontan ao Neolítico e ao Megalítico, que conxuntamente aos restos de arte castrense e romano presente, brindan unha marabillosa oferta cultural e patrimonial.
En cada un destes municipios podemos atopar múltiples petróglifos, moitos deles declarado monumento histórico artístico.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para os investigadores os petróglifos de Terras de Pontevedra foron realizados ao final da época neolítica, máis específico na transición entre a Idade do Cobre e a Idade do Bronce, entre 3 mil e o 2 mil antes de Cristo.

Este conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra están situados en rocas de granito, xeralmente en montes de altitude baixa e media en zonas próximas á costa. Tamén hai que facer referencia á destacable conservación de numerosos vestixios funerarios prehistóricos como dólmenes e túmulos.

Principalmente teñen presenza nun territorio ben definido, as Rías Baixas, sendo tamén significativo e atractivo polo tipo de roca no que aparecen, como o é o granito. Estes gravados rupestres prehistóricos, integran en Galicia, o Grupo Galaico de Arte Rupestre ao aire libre, representando un fenómeno cultural único, polo seu contido histórico, valores estéticos e orixinalidade.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Esther R.