A morte de 10 británicos xera unha alerta en España co nolotil

A morte de 10 británicos xera unha alerta en España co nolotil

Sanidade recomenda restrinxir o uso de Nolotil tras a morte de 10 británicos, a sanidade española recomenda restrinxir o uso de Nolotil aos turistas A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) actualizou as recomendacións dirixidas a profesionais sanitarios sobre o uso do metamizol máis coñecido como a súa marca comercial: Nolotil polos riscos

Sanidade recomenda restrinxir o uso de Nolotil tras a morte de 10 británicos, a sanidade española recomenda restrinxir o uso de Nolotil aos turistas

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) actualizou as recomendacións dirixidas a profesionais sanitarios sobre o uso do metamizol máis coñecido como a súa marca comercial: Nolotil polos riscos dun efecto adverso denominado agranulocitosis ou neutropenia. Esta reacción pode chegar a producir a morte.

Esta medida chega pola notificación recente ao Sistema Español de Farmacovigilancia de casos de agranulocitosis, particularmente en pacientes de orixe británica, segundo informou a AEMPS nunha nota de prensa emitida o pasado 30 de outubro.

Desde a organización insisten en que o medicamento só debe tomarse en tratamentos de curta duración, sete días como máximo e se é necesario alargalo, realizar controis hematológicos a diario para realizarlles probas sobre o nivel de glóbulos brancos.

O xornal The Times publicaba que unha decena de cidadáns ingleses perderían a vida por mor de complicacións derivadas do fármaco. Ademais, falaba sobre unha posible maior susceptibilidade dos países do norte. En reino unido o Nolotil non está dispoñible.

Desde o organismo sinalan que o seu uso se duplicou en España na última década, en especial, no últimos cinco anos. Os datos, ademais, confirman que as persoas de idade avanzadas ou con tratamentos maiores a unha semana teñen un maior risco de sufrir os efectos secundarios. Este fármaco é un dos máis utilizados para tratar a dor.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor