A NASA prevé enviar un mini-helicótero a Marte en 2020

A NASA anunciou este venres a súa intención de enviar en 2020 o primeiro helicóptero a Marte, un aparello miniatura similar a un dron que permitirá profundar o coñecemento sobre o planeta vermello.

 

O aparello, bautizado “The Mars Helicopter”, ten unha fuselaxe apenas un pouco máis grande que unha pelota de béisbol e pesa menos de 1,8 kg.

Terá como misión viaxar desde a Terra co rover Mars 2020, un robot como unha seda que debe estudar a habitabilidade do planeta, buscar indicios de que anteriormente houbo vida e avaliar os recursos naturais e os perigos que poderían enfrontar futuros exploradores humanos.

O lanzamento está previsto para xullo de 2020 e a súa chegada a Marte en febreiro de 2021.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

“A Nasa está orgullosa da súa historia de pioneira”, dixo o xefe da axencia espacial, Jim Bridenstine, a través dun comunicado. “A idea dun helicóptero voando sobre o ceo doutro planeta é emocionante”.

Esta iniciativa naceu en agosto de 2013 como un proxecto de desenvolvemento do laboratorio da Nasa Jet Propulsion Laboratory (JPL).

Para voar na atmosfera marciana, o aparello debe ser extremadamente lixeiro e potente.

“A altitude marca alcanzada por un helicóptero sobre a Terra é duns 40.000 pés”, é dicir máis de 12.000 metros, destacou Mimi Aung, xefa de proxecto de Mars Helicopter au JPL.

Segundo ela, “a atmosfera de Marte representa o 1% da atmosfera da Terra, por tanto cando o noso helicóptero está sobre a superficie de Marte xa se atopa a un equivalente sobre a Terra de 100.000 pés (30.500 metros)”.

O aparello está equipado de “paneis solares para recargar as súas baterías ións de litio e un dispositivo de calefacción para mantelo quente durante as frías noites marcianas”, precisou a NASA. Será pilotado desde a Terra e contará cuns minutos de desfasamento.

Para a NASA, é unha “fazaña tecnolóxica con altos riscos e importantes beneficios”.

“A capacidade de ver claramente o que hai detrás do próximo outeiro é crucial para os futuros exploradores”, dixo Thomas Zurbuchen, un responsable da NASA.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“Xa dispomos de magníficas vistas de Marte desde a superficie e en órbita. Coa nova dimensión dunha vista aérea grazas ao ‘marscopter’, só podemos imaxinar o que as misións poderán levar a cabo no futuro”, concluíu. (I)