A OMS recomenda apañar no toxo para o COVID 19

Científicos da taberna de OsFord e mesmo OMS (O Manolo da Susa) veñen de postular unha interesante teoría sobre o que eles chaman en termos taberneiros como o Collonavirus.

Segundo un dos maiores expertos, Manolo da Susa “o virus non e capas de aturar a unha persoa durante mais de unha hora apañando no toxo” segundo el “temos andado meu primo Juan e mais eu a apañar toxo e nunca jamás collemos collonavirus” a preguntas de outros expertos presentes en OsFord (o bar da aldea de Vilare) quiso matizar a sua teoría o apontar que “teño eue 62 anos e jamas na vida me lembro de ter apañado infección ningunha apañando no toxo, e unha actividade que debería ter sido obrigatoria xa nas escolas”.

Publicidade Xornal Galego:

 

Nun repaso a actualidade local e mesmo internacional tamen quiso facer fincapé coas seguintes declaracións “anda ajora a mocida a facer crossfit e merdas desas e o monte sen rozar, collo eue a eses señoritos todos e deixo o monte mais limpo que can de piso” asemade quiso tamen falar de politica internacional “os EEUU son unha merda coma un piano, eiquí na nova normalidade temonos que ghiare polo que vos dijo eu e non o fulano ese da perrera na cabeza”

Segundo OMS non hai reporte nighun de casos de collonavirus por apañar no toxo e non fai falta que a desbrozadora sexa de marca.

Seguiremos a embrullar para a sección chouchadas!

Informa: Amalia Cona Quetepariu | xornal galego!