A pioneira do movemento #MeToo acusada de abusar dun menor de idade

A actriz e directora italiana Asia Argento, unha das pioneiras do movemento #MeToo, chegou supostamente a un acordo extraxudicial cun menor que a acusou de abusar del.

 

Asia Argento, liderou o movemento feminista #MeToo e as denuncias contra o produtor estadounidense Harvey Weinstein por abusos sexuais. Segundo informa este luns (20.08.2018) o diario estadounidense The New York Times Asia Argento accedeu a pagar 380.000 dólares o músico e actor Jimmy Bennet que naquela altura era meor de idade.

Bennett asegurou que foi agredido sexualmente pola actriz, que entón tiña 37 anos, nunha habitación dun hotel de California tan so dous meses despois de que el viñera de cumprir os 17 anos de idade. En California, a idade de consentimento para relacións é 18 anos.

Bennett, que agora ten 22 anos, cobrou 380.000 dolares mais segundo o diario New York Times alguén anónimo enviou todos os documentos o xornal.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Argento foi “a primeira en denunciar oficialmente”, o 10 de outubro de 2017, a violación cando só tiña 21 de Harvey Weinstein.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Imaxe: Wikipedia Asia Argento en 2013