A sanidade galega camiña cara unha folga indefinda

A sanidade galega camiña cara unha folga indefinda

O sindicato médico O’Mega iniciou este pasado xoves a primeira do nove xornadas de folga convocadas para protestar polo desmantelamento e deterioración constante da sanidade pública galega. O seguimento da folga por áreas sanitarias foi o seguinte: Ferrol (35%), A Coruña (60%), Santiago (45%), Pontevedra (30%), Vigo (65%), Monforte (40%), Ourense (45%) e Lugo (35%).

O sindicato médico O’Mega iniciou este pasado xoves a primeira do nove xornadas de folga convocadas para protestar polo desmantelamento e deterioración constante da sanidade pública galega.

O seguimento da folga por áreas sanitarias foi o seguinte: Ferrol (35%), A Coruña (60%), Santiago (45%), Pontevedra (30%), Vigo (65%), Monforte (40%), Ourense (45%) e Lugo (35%).

“Se a Xunta de Galicia non cede, convocaremos unha folga indefinida a partir de xaneiro”

“Se a Xunta de Galicia non cede, convocaremos unha folga indefinida a partir de xaneiro”, así de rotundo mostrouse o secretario xeral do sindicato O´Mega, Manuel Rodriguez, ao ser preguntado polo seguimento dos paros.

“Fomos perdendo dereitos ao longo da crise e entre eles está o da carreira profesional. Hai xusto un ano convocaron unha folga para pedir o desenvolvemento da carreira profesional en Galicia. A Xunta aceptou entrar en negociacións, pero chegado xuño non aceptou absolutamente nada do que se propuxo. En cuestión de días cambiou de parecer. Pediamos unha situación de igualdade para todos os profesionais e a Consellería de Sanidade rexeitouno”, asegura.

Os próximos paros convocados serán o 15 e 31 de outubro, 2 e 5 de novembro e 5, 7, 10 e 11 de decembro.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor