A sanidade galega é a terceira peor valorada de España

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A sanidade de Galicia é a terceira peor valorada de España, a sanidade galega aproba cunha nota media de 6,5

A sanidade de Galicia obtén  un 6,49, pero é a terceira peor valorada do Estado. O Ministerio de Sanidade pregunta aos galegos polo seu grao de satisfacción en relación ao sistema sanitario público e, aínda que mellora a puntuación obtida en 2016, cando a cualificación foi do 6,35, os servizos de saúde da comunidade están por baixo da nota media de España, do 6,68. Só Andalucía, cunha puntuación do 6,27, e Canarias, cun 6,10, están peor que Galicia no total do estado español.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta