A Xunta anuncia a creación do Campus FP de Vigo

A Xunta de Galicia ven de anunciar a creación do Campus FP de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo

O presidente da Xunta, anunciou hoxe a creación do Campus en Vigo FP de Vigo, pioneiro a nivel nacional en cursos de FP, será ponte entre o sistema educativo e o sector industrial, a mocidade da comarca e do resto de Galicia atopen traballo no tecido produtivo.

 

A Xunta contará coa colaboración da Universidade de Vigo e dos centros de investigación tecnolóxica da comarca, dos colectivos empresariais, e, do Consorcio da Zona Franca.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

“Estamos, polo tanto, a impulsar un proxecto que servirá como referencia para outras iniciativas de mellora da formación profesional”

 

O presidente galego avanzou que será bautizado como FP Hub, un centro de innovación e emprendemento de referencia aos centros da área de Vigo como a os centros de Galicia.

 

Contará o campus FP Hub con dúas áreas de investigación e innovación para desenvolver proxectos de I+D+i, identificar as necesidades do mercado laboral da comarca de Vigo e tramitar as patentes, a segunda área, de emprendemento, incluirá un viveiro de empresas industriais.

 

O edificio do campus FP Hub, que estará no recinto do CIFP Manuel Antonio e o Centro Residencial Docente, contará con 4000 metros cadrados. E, para alcanzar as ambiciosas metas que se marca: a Xunta destinará 7,1 millóns para redactar o proxecto, financiar os equipamentos e sufragar os gastos de funcionamento e persoal; e a Zona Franca achegará 5,5 millóns para construír o edificio e impulsar os proxectos que nazan no centro.

Innovación, emprendemento, emprego e plurilingüismo

Ademais do FP Hub, Feijóo explicou que o proxecto de Campus FP Hub de Vigo incluirá ademais a creación da Rede de centros de Formación Profesional, que axudará a perfeccionar o funcionamento dos 16 centros que imparten ciclos na área de Vigo, unha das máis activas de Galicia: con 20 familias profesionais das 23 que se imparten en Galicia; 7200 alumnos e 600 profesores; e 6 proxectos de FP Dual, en colaboración con empresas líderes en sectores como o téxtil, a automoción e a biotecnoloxía.

 

Ao respecto, precisou que o traballo en rede permitirá combinar a autonomía de cada un destes centros, cunhas sinerxías que permitirán optimizar recursos e mellorar a oferta, para axeitala ás necesidades cambiantes do tecido empresarial “uniremos todas as capacidades da FP coas demandas das empresas desde o punto de vista industrial, faremos un campus onde empresas, profesores e alumnos traballen en tempo real para buscar a empregabilidade dos estudantes” abundou.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O presidente da Xunta concluíu garantindo o compromiso do Goberno galego cunha formación profesional sinónimo de innovación, de emprendemento e de emprego. E incidiu en que este Campus FP Hub de Vigo, cunha oferta formativa coordinada, de calidade e axeitada ás necesidades da economía, contribuirá a que o pulmón vigués siga impulsando o crecemento industrial de Galicia. Non en van, esta comarca move o 17% do PIB galego e a cidade de Vigo é a quinta de España con maior peso de emprego industrial.